SIBE - Sociedad de Etnomusicología

Máster en Industria Musical (Creación, Autoría, Interpretación, Producción y Mercado)

O Máster en Industria Musical é o primeiro programa de posgrao deste tipo en Galicia.

Con el, a USC quere capacitar os alumnos egresados para desenvolver unha carreira dentro da industria musical. O programa académico do máster está deseñado de xeito versátil para atender os principais ámbitos profesionais e artísticos do sector.

As áreas estética, sonora, loxística, tecnolóxica, de produción e comercialización da industria musical actual están presentes no máster. Con este amplo abano de contidos  formaremos unha nova xeración de profesionais e investigadores capacitados para xerar activos capaces de crear valor engadido e xestionar os diferentes subsectores da industria musical e da música popular contemporánea do novo século.

O Máster en Industria Musical (creación, autoría, interpretación, produción e mercado) é un título propio da USC.